viernes, 21 de junio de 2013

VICKY POLARD (GALLEGO)

Hoxe entrevistamos a Vicky Polard unha banda de rock de Santiago de Compostela. Para lelo en castelán CLICK AQUÍ.
1ª Como nace Vicky Polard e como vos coñecestes?:
Vicky Polard: Pois Vicky Polard nace en 2010 cando Afonso (Batería) e Eu (Xulián Sambade) nos reencontramos no “Son de Trazo” un festival de música en galego. Non nos víamos dende había moito tempo e falando descubrimos que tiñamos os mesmos gustos e inquedanzas musicais e despois de un par de días na súa casa tocando decidimos que nos gustaría montar un grupo. Empezamos sendo nós sos e pronto se nos uniu un teclista André que acabaría marchando, e Fiz García (Baixista). Aos poucos meses de comezar a ensaiar no conservatorio nunha cabina de 5 metros cadrados decidímos que unha guitarra máis lle daría máis chicha ao grupo e entrou Carlos Gómez (Solista). Continuamos con esta formación durante dous anos e hai uns meses decidimos que Manuel González (Guitarra) ex guitarrista dos Vizarros encaixaba perfectamente coa banda e metémolo no grupo. Esta é a formación coa que nos estamos a mover agora e esperamos que a definitiva.
2ª Como xurdiu o nome do grupo "Vicky Polard"?:
Vicky Polard: Pois o nome do grupo foi algo complicado. Nos rallamos mil veces a buscar nomes e pasamos por varios: Glazz Factory, Spoonkillers,… Ao final un día decidimos facer un ritual. Cada un dos membros, catro de aquela, puxo o nome que lle gustaba nun papel e lanzámolos de costas. O papel que quedara máis lonxe era o nome do grupo. Gañou Afonso, que puxera Vicky Pollard pola serie Little Britain. O final decidimos que era mellor quitarlle un “L” para non dar lugar a confusións e así quedou.
3ª Quen compoñedes Vicky Polard e que instrumento tocades cada un?:
Vicky Polard: Vicky Polard somos Fiz García ao baixo, Carlos Gómez (Charlie) á guitarra, Manuel González (Suave) á guitarra, Afonso Traficante á percusión, e Xulián Sambade ó micrófono.
4ª Quenes son os vosos referentes musicais?:
Vicky Polard: Os nosos referentes musicais… Pois temos moitos. Cada un ten os seus gustos pero todos coincidimos máis ou menos nun mínimo común denominador que serían: Pearl Jam, Smashing Pumpkins, Cake, Beck, Alice in Chains, System of a Down, Ataque Escampe, Pink Floyd, Das Kapital, Gorillaz, Mad Season, Blur,…etc.  Eses serían uns dos poucos que podemos decir.
5ª Que tipo de música fai Vicky Polard?:
Vicky Polard: Pois nos definímolo como Grunge pero tampouco é unha etiqueta moi acertada, posto que o Grunge é unha corrente que naceu nos noventa pero que ao contrario que outros estilos non tivo unha continuación anos despois. Poderíamos dicir que o grunge nace nos 90 e morre co cambio de século. Tamén é certo que moitas das nosas influencias tanto á hora de facer as letras a música… etc. Parten de música desa época e desa mesma filosofía. Para deixalo máis aberto diremos que facemos Rock Alternativo con cheiro ós 90.
6ª Que intentades expresar coas vosas cancións?:
Vicky Polard: De moito e de nada. Adoitamos falar de moitas cousas pero sen centrarnos en ningunha en concreto. Os temas centrais das nosas letras poden ser o medo, a rabia, a morte, o sufrimento, a empatía… Tamén o amor, ou ese existencialismo gilipollas adolescente se percibe en algunhas delas. Sobre todo das preocupacións máis cercanas a nós. Hacendado por exemplo é a nosa crítica á actual sociedade de consumo. Nós interpretamos dun xeito as nosas letras pero gustaríanos tamén que cada un as interprete como queira.
7ª Recordades algunha situación graciosa que vos pasase nalgunha actuación?:
Vicky Polard: Nunca tivemos ningunha situación moi graciosa á verdade, pero si algunha anécdota provocada por unha barra libre dende as catro da tarde tocando á unha da mañá. Esa foi en Coruña pero tampouco é algo que mereza a pena contar.
8ª Tedes algunha manía antes de saltar o escenario?:
Vicky Polard: Adoitamos darnos ánimos e saír coa mentalidade de pasalo o mellor posible tocando o mellor que poidamos pero o máis importante é que o pasemos de puta nai. Moitas veces das un bo concerto pero non estás animado e eso acábase notando. O mellor e saír coa sensación de que o pasaches como nunca e de que a xente o pasou teta. Tamén adoitamos beber un chupito de licor café antes de saltar ao escenario.
9ª Que nos podedes contar do voso CD "42"?:
Vicky Polard: Que é o froito de 2 anos de duro traballo e de selección dos temas que máis nos gustaron ata o de agora. Compoñemos moi pouco a pouco e gústanos pararnos moito no que facemos. Ao fin e ao cabo a que máis lle importa que soe ben é a nós. Facemos a música que nos gusta a todos, funcionamos un pouco como unha democracia, pero unha real, e o “42” é o resultado diso do traballo en equipo, dos ensaios das encerronas en Ordes e do esforzo.
10ª Internet, é unha axuda ou unha ameaza para a música?:
Vicky Polard: Internet é un pouco de cada. É un ente bastante bipolar, pero é necesario. Foi capaz de dar a posibilidade de achegar a música de maneira gratuíta a milleiros de persoas que antes non tiñan acceso. Ó mesmo tempo considérase a destructora da industria discográfica, pero que se joda a industria discográfica. Nunca se escoitou tanta música nin foi tan accesible, claro que inda que non se vendan discos a industria é a mesma e os que se comen o cotarro son os 4 de sempre que teñen a pasta e algún afortunado que consigue saír adiante. O resto sobrevivimos. Pero sen queixa. Para nós internet por dicilo así é o mellor e máis barato medio de promoción que temos así que agradecémoslle o seu servicio.
11ª Con quen vos gustaría tocar algunha vez?:
Vicky Polard: Postos a ser soñadores, con Cake. Sería unha das nosas maiores ambicións,  tres de nós somos moi frikis dese grupo e sería brutal tocar con eles e poder velos despois. Postos a ser realistas, voltar a tocar con Ataque Escampe. É unha das nosas bandas favoritas e é un grupo ó que lle temos moito respecto por seren capaces de desmarcarse do bravú e ofrecer algo orixinal e xenial tanto no instrumental como nas súas letras.
12ª Onde vos gustaría dar un concerto?:
Vicky Polard: Calquera sitio que se precie para tocar será un sitio ideal para nós.
13ª En decembro sacastes o voso disco "42", Como foi o recibimento do público?:
Vicky Polard: Nos sorprendeu positivamente. A verdade e que tivemos boas críticas sobre todo por parte de músicos e de xente que escoita música do mesmo pao que a nosa. Ao final é ao público ó que nos diriximos e por eso estamos moi agradecidos. 
14ª ¿Que vos pareceu a experiencia de ser os teloneiros de Heredeiros da Crus?
Vicky Polard: En unha palabra BRUTAL.
15ª E por último, supoño que sodes ambicioso como todo o mundo, Onde credes que podedes chegar?:
Vicky Polard: Con poder seguir sacando discos e tocando xuntos moitos anos máis estaríamos contentos. Tamén nos gustaría tocar moito máis do que tocamos agora. Por causas loxísticas e polos estudos témolo difícil para movernos moito. Un dos nosos próximos obxectivos sería moverse máis.


Fotos: Cedidas por Vicky Polard.

No hay comentarios:

Publicar un comentario